MATERIAS

Mostrando entradas con la etiqueta TODAS AS ASIGNATURAS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta TODAS AS ASIGNATURAS. Mostrar todas las entradas

jueves, 17 de enero de 2013

DECENIO INTERNACIONAL PARA A ACCIÓN: " A AUGA FONTE DE VIDA" 2005-2015


Prema na imaxe
O principal obxectivo é dar a coñecer o potencial que implicaría un aumento da cooperación, así como difundir os desafíos que enfronta a xestión da auga a nivel mundial. Un dos recursos naturais máis prezados como é o caso da auga doce constituirá, en 2013, un obxectivo crave nos esforzos internacionais para resolver a crise de 770 millóns de persoas sen acceso á auga potable, e de 2.500 millóns que están privadas de servizos de saneamento.

O 20 de decembro de 2010, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas declarou o 2013 como Ano Internacional da Cooperación na Esfera da Auga (resolución 65/154). Nesa oportunidade, tivo en conta o papel fundamental que pode ter o Ano no fortalecemento do diálogo e a cooperación en todos os planos, cando proceda, e a importante contribución que pode facer ao Decenio Internacional para a Acción, «A auga, fonte de vida» (2005-2015).


Debido ao aumento da demanda de acceso, a asignación e os servizos dos recursos hídricos, este ano resaltaranse iniciativas exitosas de cooperación en torno á auga e identificaranse os temas máis relevantes entre os cales se encontran: educación, diplomacia, xestión de augas transfronteirizas, financiamento, marcos xurídicos nacionais e internacionais e vínculos cos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio.
Será unha oportunidade para apoiar a formulación de novos obxectivos que contribúan ao desenvolvemento sostible dos recursos hídricos. Como todos os anos, o 22 de marzo celebrarase o Día internacional da Auga. Nesta ocasión tamén se dedicarán esforzos para a cooperación nesta temática.                                                                                                                            

lunes, 14 de febrero de 2011